O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés segue formando futuros traballadores do sector do viño. Esta mañá tivo lugar a clausura dunha nova edición do seu Curso de Elaboración de Viños, unha iniciativa que forma parte do seu programa integrado de emprego. Oito alumnos participaron nesta acción, centrada nas técnicas de cultivo, elaboración e conservación de viño e catas. O obradoiro tivo unha duración de 50 horas repartidas entre Pazo Baión e unha adega de Castrelo.
Un dos sectores máis puxantes da economía do Salnés precisa cada vez de traballadores máis cualificados. Nesa liña, a Mancomunidade mantén a súa aposta polo Curso de Elaboración de viños dentro do seu programa integrado de emprego. Unha acción formativa que despediu hoxe a súa oitava edición, logo de formar a oito alumnos. A aprendizaxe conta cunha parte teórica.
E outra práctica, na que entran en contacto coas adegas. Esta pare da formación estivo repartida entre Pazo Baión e unha adega de Castrelo.
A esta formación, hai que engadir a parte de campo, fundamental no sector.
Dende a Mancomundiade, salientan a utilidade desta formación centrada no sector vitivinícola.
Este curso forma parte do plan integrado de emprego, financiado pola Consellería de Emprego, co apoio do ente comarcal.
A clausura deste curso correu a cargo do obradoiro de hostalería da Mancomunidade, que ofreceu un cóctel en Pazo Baión co viño albariño como gran protagonista.











