
VILAGARCÍA>
Mañá celebrarase o segundo pleno da nova lexislatura en Vilagarcía e o segundo intento de sacar adiante os salarios e organizacións do executivo. Despois de presentar o goberno dúas propostas económicas, a situación mantense bloqueada, segundo o alcalde Alberto Varela, porque a oposición segue a negarse a negociar. Para evitar esta situación de bloqueo en vindeiros gobernos, o rexedor proporá á corporación un ‘pacto de cidade’.
Seis semanas de goberno socialista e seis semanas sen percibir salarios. Mañá haberá un novo intento de sacar adiante o pleno de organización, pero a situación non apunta favorable. E todo, segundo o alcalde, porque a oposición segue pechada en banda a negociar a pesar dos múltiples ofrecementos. Non inclúe a todos no mesmo saco. Recoñece Alberto Varela que desde o BNG si amosaron boa disposición e que incluso se mantivo un contacto con Esquerda Unida. Polo demais, nada.
Sen apoios nin negociación a menos de 24 horas para o pleno, todo apunta a un novo fracaso. Desde o PSOE falan de bloqueo. E para evitalo, Alberto Varela proporá á corporación que se asine un ‘pacto de cidade’, para que a situación non se repita en futuras lexislaturas.
Insisten desde o goberno local que a segunda proposta económica presentada supón un aforro para as arcas municipais de 54.000 euros con respecto ó anterior goberno do Partido Popular. Cifra avalada por un informe de Intervención.
Piden á oposición que actúen con responsabilidade, ‘igual que os socialistas fixeron cando non estaban no goberno’, e respecten o que os cidadáns dixeron o pasado maio nas urnas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/plenovilla290715.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/PLENO_VILAGARCIA_290715.mp4{/flowplayer}







