Feijóo confirma o adianto das eleccións para o 21 de outubro

    FEIJOOADIANTOELECTORAL2 copia.jpgSANTIAGO> O titular da Xunta recoñece que a decisión veu precipitada pola convocatoria do País Vasco, pero tamén por razóns económicas, e de ‘respecto á cidadanía’.

    {flowplayer}images/salnes/ADIANTO_ELECCIONS_270812.flv{/flowplayer}

    O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo desvelou así unha nova agardada e precipitada, como recoñecía titular do goberno galego, polo anuncio realizado o pasado martes polo lehendakari Patxi López de convocar eleccións autonómicas para o 21 de outubro. Segundo Feijoo, trátase da decisión máis responsable que podía tomar. Responsable desde o punto de vista económico, para que o goberno que teña que deseñar as contas do 2013 sexa o mesmo que as aplique.

    Pero tamén responsable para favorecer a colaboración entre partidos e garantir a estabilidade política. E é que segundo o titular da Xunta, celebrar eleccións en dúas autonomías cunha marxe duns cinco meses entre elas suporía un excesivo desgaste electoral.

    Tras asinar hoxe os decretos de disolución do Parlamento e a convocatoria anticipada das votacións, mañá publicaranse no Diario Oficial de Galicia e a noite do catro ó cinco de outubro arrincará oficialmente a campaña electoral.

    Redacción Salnés