O Clube Ximnasia da Illa acada o 19º posto nos Campionatos de España

ximnasia100_201107.jpgA ILLA > Non se pensaba na victoria, só en ter unha boa actuación e desfrutar da experiencia. E conseguíuse. As rapazas do Clube Ximnasia A Illa, dirixido por Sandra Estrada

…remataron nun máis que satisfactorio décimo noveno posto, de 34 equipos que participaban.

A realidade é que a competición estivo moi igualada e con medio punto máis estarían dentro do top ten, pero con este resultado danse por satisfeitas. O exercicio que desenvolveron sobre o tapiz cordobés non tivo apenas erros, pese a que unha das compoñentes do conxunto, Andrea Chaves, sufríu unha gastroenterite, que a mantivo o resto do día ingresada nun hospital acompañada polos seus pais. Toda unha odisea.

As rapazas voltaron onte de terras andaluzas, e aínda que esta semana tomarana de descanso, xa pensan na preparación dos próximos campionatos nacionais; primeiro os individuais de marzo, e logo, os de conxuntos, a finais de 2008. Antes participarán nun Torneo de Nadal en Ourense.

Redacción Salnés