Un novo treito de carril bici conectará Barraña co casco de Boiro

BOIRO> O concello de Boiro conectará o carril bici de Barraña co casco urbano. A finais deste mes comezará a construción da nova senda, de 420 metros, que discorrerá dende o paseo ata a Avenidade da Consrtitución cun desvío cara o instituto da Cachada.

Fomentar o deporte e a mobilidade. Con estes dous obxectivos, o concello de Boiro acometerá un ambicioso proxecto para dotar de carril bici non só ó centro urbano senón a varias parroquias do municipio. A primeira das actuacións comezará a finais deste mes e consistirá nun novo treito dende o actual carril existente no paseo de Barraña ata a avenida da Constitución.

Unha vez finalizado este treito, a intención do executivo é ampliar o carril bici noutras zonas do centro ou ó longo do litoral do municipio conectándoo con Cabo de Cruz por unha banda e Escarabote pola outra.

Paralelamente, o concello acometerá tamén melloras en treitos do actual carril bici que se atopan deteriorados. Dotarase de soleira antideslizante e reforzarase a sinalización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí