Silva aposta por potenciar e ampliar os Campamentos de A Lanzada

    O GROVE> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá as instalacións dos Campamentos da Lanzada, unha das actividades máis exitosas do goberno provincial. Carmela Silva destacou o seu bo funcionamento, e desvelou algúns dos seus plans de futuro: incrementar as prazas para nenos con necesidades educativas especiais e abrir cos campamentos a rapaces doutras provincias e autonomías.

     

    Na súa primeira visita aos Campamentos da Lanzada, Carmela Silva comprobou de primeira man o seu bo funcionamento. 

    A presidenta da Deputación de Pontevedra está decidida non só a mantelos, senón tamén a melloralos. Un dos obxectivos que se plantexa é incrementar o número de prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

    Tamén Silva aposta por abrir os campamentos a novos territorios. Co gallo de favorecer a integración, a presidenta provincial é partidaria de reservar un número de prazas para rapaces doutras provincias ou comunidades.

    Silva percorreu as instalacións de A Lanzada e felicitou á empresa adxudicataria polo bo funcionamento desta actividade, unha das máis populares das que organiza o goberno provincial.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/04/campamento_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/04/campamento_lanzada.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí