Vilagarcía estudará a colocación de decantadores nun garaxe que leva ano e medio inundado por culpa dunhas verteduras de gasóleo

VILAGARCIA> Veciños de Vilagarcía sofren as consecuencias dende hai ano e medio da inundación do seu garaxe. Unha vertedura de gasóleo impide que as bombas do edificio poidan expulsar a auga cara o río do Con para evitar a contaminación. A inundación provócalles molestias como o impedimento de utilizar o ascensor, o que xera moitas dificultades á veciñanza con necesidades especiais. A única solución que ben factible é a de instalar decantadores para separar o gasóleo da auga. 

Dende hai ano e medio a veciñanza de este edificio, accesible polas avenidas Rodrigo de Mendoza e Doutor Tourón en Vilagarcía, sofre as consecuencias derivadas da inundación do seu garaxe. O problema comezou pola aparición dunha vertedura de gasóleo que lles impide que as bombas do garaxe poidan expulsar a auga ao Río do Con.

A pesar de que contratan a empresas para retirar auga, a comunidade xa gastou máis de 30 mil euros, o garaxe mantense inundado.

A inundación do garaxe causa innumerables problemas aos veciños, ademais de non poder utilizar as prazas de aparcadoiro, tampouco poden utilizar o ascensor.

Ao ser un edificio privado os veciños estaban indefensos, pero ao atoparse máis verteduras en zonas próximas, a veciñanza xa puxo a denuncia para buscar a orixe desta vertedura e que o culpable sufrague todos os problemas que tiveron no edificio.

Esta semana, a veciñanza mantivo reunións cos partidos políticos da vila. Dende os inmobles só ben factible a instalación de decantadores, unha solución que necesita autorización municipal. Dende o concello comprometéronse a estudar o proxecto.

Unha vez retirados os hidrocarburos, os bombeos dos edificios poderían volver a funcionar e evitar así todos os problemas que está sufrir a veciñanza destes inmobles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí