Varela téndelle a man a Rueda esixíndolle que cumpra coas promesas de campaña para Vilagarcía

VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía agarda que Alfonso Rueda cumpra con tódalas promesas electorais que fixo durante a campaña. Di que o goberno local estará vixiante para que se executen compromisos como a ampliación do polígono do Pousadoiro ou a reforma da avenida de Rosalía de Castro. Pero ademais esixirán outras actuacións noutras vías de titularidade autonómica, a estación intermodal ou o cuarto xulgado. O rexedor aproveita para indicar que os socialistas vilagarciáns toman nota dos malos resultados do domingo e que teñen que corrixir erros.

Alberto Varela felicita tanto ao PP como ao BNG polos resultados do pasado domingo. Sobre o desplome dos socialistas, o rexedor vilagarcián di que toca abrir un proceso de reflexión ao tempo que pecha filas arredor da figura de Besteiro.

O alcalde di que a Xunta de Alfonso Rueda atopará no goberno local un aliado na defensa dos instereses da cidade que dixo, padece unha débeda histórica.

E di que agora o PP terá que cumprir con tódalas promesas que fixo en campaña, como a reforma da Avenida de Rosalía de Castro ou a ampliación do polígono do Pousadoiro.

E o rexedor engade outras demandas, como o arranxo doutras dúas vías de titularidade autonómica, como son a avenida de Cambados e Agustín Romero, as beirarrúas en Bamio ou noticias sobre a estación intermodal ou o cuarto xulgado para a cidade.

O alcalde aproveita tamén para poñer en dúbida os datos sobre investimentos da Xunta na cidade que, o PP local cifra en 85 millóns. Varela reduce o dato porque, lembra, nese total os populares están contnado proxectos que aínda están en execución ou que nin tan sequera comezaron, como o centro de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí