A casa de cultura de Lousame acolle unha exposición de labores

    LOUSAME> Unha vintena de veciñas de Lousame expón dende hoxe na Casa da Cultura da localidade unha selección dos mellores traballos realizados durante o último ano no Curso de Corte, Confección e Patchwork, organizado polo Concello. A mostra poderá visitarse ata finais de mes, en horario de nove da mañá a dúas da tarde.