CC.OO. levará á Fiscalía casos de ‘control abusivo’ da Mutua Universal

PONTEVEDRA> Comisións Obreiras denunciará a Mutua Universal por prácticas de control abusivo sobre os traballadores que están de baixa laboral. A intención do sindicato é elaborar un dossier cos casos das persoas que padeceran estas situacións para levalo despois á Fiscalía. Aseguran que moitas mutuas están a realizar controis sobre os traballadores que atentan contra o seu dereito á saúde.

 

O caso dunha traballadora da empresa Cecle foi o que fixo saltar as alarmas en Comisións Obreiras. A muller, de baixa, recibiu a alta por parte da Mutua Universal sen estar recuperada. Tanto é así que, tras presentar recurso, o Instituto Nacional da Seguridade Social revocou a decisión da mutua.

Nos últimos tres meses, o sindicato ten constancia de tres casos semellantes. Por iso acusan a Mutua Universal de atentar contra un dos dereitos máis básicos dos traballadores como é a saúde.

A intención é recompilar outros casos semellantes e recollelos nun dossier para despois presentalo ante a Fiscalía para unhas prácticas abusivas que, segundo o sindicato, se están a rexistrar en moitas outras mutuas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/denuncia_ccoo_mutua.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/denuncia_ccoo_mutua.mp4{/flowplayer}