‘A Vida é Movernos’ achéganos á percuterapia para acadar o benestar

PONTEVEDRA>  En marcha un novo obradoiro do programa A Vida é Movernos, do concello de Pontevedra. Na súa aposta por recuperar a normalidade despois da pandemia, a iniciativa da concellería de Deportes recorre desta volta á Percuterapia. Unha disciplina que emprega a percusión na busca do benestar.

Xa está listo o seguinte obradoiro do programa A Vida é Movernos. A iniciativa da concellería de Deportes pontevedresa recorre desta volta á percuterapia na procura do benestar.

Da man de Pedro Campos, os asistentes coñecerán as principais técnicas da percuterapia. Saberán que poden empregar o seu propio corpo, diferentes obxectos, instrumentos e incluso a boca para facer percusión e romper as cadeas de pensamentos que xeran ansiedade.

Serán dúas sesións, os días 29 de outubro e 5 de novembro. Comezarán ás 6 da tarde en grupos de entre 15 e 20 persoas e, aínda que o plan B en caso de chuvia é a Casa Azul, nun principio celebraranse na Alameda.

As inscricións son de balde e xa están abertas no email camposacostapedro@yahoo.es

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí