O presunto parricida de Moraña volve ó xulgado por unha dilixencia ‘imprescindible e urxente’

MORAÑA>

 

O presunto parricida de Moraña volve pasar polo xulgados. Ás dez desta mañá chegaba a Caldas nun furgón da Garda Civil, segundo informan desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para practicar unha dilixencia ‘imprescindible e urxente’, da que non desvelan máis por pesar o segredo de sumario sobre as actuacións.

 

 

Foi visto e non visto. En torno ás dez da mañá o imputado polo parricidio de Moraña, David Oubel, accedía a estas instalacións do Xulgado Mixto Número un de Caldas como xa o fixera o pasado sábado. O motivo, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, practicar unha dilixencia considerada ‘imprescindible e urxente’ polo xulgado, pero da que non explican máis por manterse o segredo de sumario. O que si aclaran é que non se tratou de ningún exame psiquátrico nin psicolóxica, como apuntaron nun primeiro momento algúns medios. Apuntan tamén que se levou a cabo por decisión xudicial, non a solicitude de parte, e que se realizou coa colaboración do imputado. Ademais desde o Alto Tribunal desmenten que o xulgado de Caldas autorizara o traslado de David Oubel do cárcere da Lama á prisión de León, xa que esas decisións son competencia exclusiva de Institucións Penitenciarias, e o traslado se fai como práctica habitual neste tipo de casos: alonxar ó suposto delincuente do entorno no que se cometeu o delito.

 

Lembramos que o presunto parricida permanece en prisión provisional comunicada e sen fianza desde o sábado, cando pasou a disposición do xulgado de Caldas. Entón acolleuse ó seu dereito a non declarar. Impútanselle dous delitos de asasinato pola morte das súas fillas Amaia, de catro anos, e Candela, de nove.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/XULGADOCALDAS060815.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/CRIME_MORANA.mp4{/flowplayer}