NOIA> Nun primeiro control, os axentes constataron que carecía de permiso de circulación por resolución xudicial e posteriormente, tras ser sometido tamén ó control de alcoholemia, deu unha taxa que superaba o dobre da legalmente establecido.
Realizada a correspondente denuncia, os axentes inmobilizaron o vehículo, polo que o condutor tivo que chamar a un amigo para que se lle fixera cargo do coche e que non quedara alí abandonado.
Menos de dúas horas despois a mesma patrulla, que estaba a realizar un novo o control noutra estrada, detectou outra vez a este condutor ó volante do mesmo vehículo.
Nas probas volveu a dar positivo por alcol e os axentes tiveron que realizarlle unha nova denuncia.
Segundo informaron fontes de Tráfico este condutor podería enfrontarse a penas de prisión de tres a seis meses ou multa de un a dous anos e traballos en beneficio da comunidade de un a tres meses, en caso de ser condenado, co agravante de reincidencia.
A sanción levaría aparellado tamén dúas multas de mil euros cada unha e a retirada de doce puntos de carné.











