CAMBADOS> Cambados pecha o Ano Asorei. O último acto dentro desta programación foi a entrega de premios do concurso Reinterpretando a Asorei. Trátase dunha actividade pensada para a rapazada de infantil a secundaria, que lles permitiu descubrir a obra do autor cambadés. Neste certame participaron nove centros de toda Galicia, que participaron este mañá na entrega dos galardóns. Entre os centros recoñecidos, varios centros da nosa contorna.
Logo dun intenso ano de traballo e múltipres propostas poñendo en valor a figura de Francisco Asorei, Cambados dá por pechado ano dedicado ao escultor. A derradeira actividade tivo lugar esta mañá no Pazo Torrado, onde se celebrou a entrega de premios do concurso Reinterpretando a Asorei. Unha proposta, na que participaron nove centors escolares de toda Galicia, coa que se buscou achegar a obra do cambadés á rapazada.
O concurso dividiuse en tres categorías: infantil e de 1º a 4º de Primaria, alumnado de 5º e 6º de Primeira e 1º e 2º da ESO e a última, 3º e 4º da Eso, Bacharelato e FP. En total, 25 obras. Entre as premidas, ademais, algunhas da nosa contorna, como un accésit da categoría dos maiores que foi para o IES Faro das Lúas de Vilanova ou esta proposta do colexio Corvillón de Cambados. Está elaborada pola rapazada de 2º de Primaria e fíxose co primeiro premio da súa categoría.
Á entrega de premios deste certame asistiu tamén o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, entidade que dedicou o 2024 á figura de Asorei.
Tanto dende a real academia como dende o concello salientan o esforzo que supuxo a organización dos actos arredor do Día das Artes Galegas, celebrando tamén o seu impacto na vila así como no resto de Galicia. Nese sentido, lembraron que para o mes de outubro está prevista unha nova exposición centrada en Asorei na Cidade da Cultura en Santiago.











