O alumnado de Vilagarcía adorna o parque Miguel Hernández con materiais reciclados

VILAGARCÍA> Vilagarcía crea unha iniciativa pra celebrar un Nadal sostible. O concello organiza un concurso mediante o cal as diferentes escolas da vila adornarán as árbores do parque Miguel Hernández. Os adornos utilizados están feitos con materiais reciclados.

Chegada a época de Nadal todas as vilas adornas as súas rúas e parques para mostra o seu mellor aspecto nestas datas tan sinaladas. En Vilagarcía, o concello levou a cabo unha iniciativa novidosa para espertar o espírito do Nadal sen descoidar o medio ambiente. O alumnado das escolas da vila adornarán o parque Miguel Hernández con materias reciclados.

Cada escola encárgase de adornar unha árbore.

O alumnado non adorna as árbores de calquera maneira, detrás de cada decoración hai unha mensaxe.

A mensaxe principal é que temos que reciclar máis e coidar o medio ambiente. Unha lección que os máis pequenos teñen ben aprendida.

Con esta gran iniciativa, o concello de Vilagarcía demostra que as vilas poden lucir máis fermosas sen descoidar o medio ambiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí