Boiro crea un servizo de asistencia a persoas en situación de vulnerabilidade

BOIRO> A medida será levada a cabo en colaboración con Cruz Vermella e Cáritas, e xunto á agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O seu obxectivo será atender as necesidads de entrega de medicinas, alimentos e produtos de primeira necesidade. O servizo estará dirixido especialmente a persoas maiores e dependentes , ou en risco de exclusión social.

O teléfono de contacto para este servizo é o 981 37 75 50 de luns a venres, en horario de oito da mañá a tres da tarde. Fóra dese horario o teléfono será o 620 34 68 03.