O novo edificio xudicial de Pontevedra estará rematado en menos de dous anos

PONTEVEDRA> O novo edificio xudicial de Pontevedra será unha realidade nun prazo máximo de dous anos. Concello e Xunta asinaron esta mañá o acordo polo que se ratifica a aceptación dos terreos, o que abre o proceso para licitar e adxudicar os traballos. As previsións apuntan a que as obras, que contan cun orzamento de 20 millóns de euros, estarán rematadas nun prazo máximo de dous anos.

 

A Xunta de Galicia aceptou hoxe de forma oficial os terreos de A Parda que albergarán o novo edificio xudicial de Pontevedra. A intención é apurar agora os prazos. Segundo o previsto, a obra, que conta cun orzamento de 20 millóns de euros, sairá a licitación antes de finais de setembro. Tamén está previsto adxudicala antes de que remate o ano.

Son tres anos máis tarde do previsto. Mentres o concello atopaba administrativas, a Xunta encargou os proxectos básico e de execución. O máis complicado foi o rexistro dos terreos expropiados xa no 2012 polo goberno local.

Durante este tempo, o proxecto inicial modificouse varias veces para reflectir as achegas dos profesionais da xustiza que serán os usuarios das instalacións. Nos seus máis de 21 mil metros cadrados, o novo edificio agrupará todos os xulgados dispersos por Pontevedra, albergando quince órganos xudiciais pero con espazo para 28.

O novo inmoble estará comunicado a través dunha pasarela co actual edificio xudicial de A Parda, formando un único complexo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/11/edificio_xudicial_parda.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/11/edificio_xudicial_parda.mp4{/flowplayer}