17 portos da provincia conta coa delimitación de espazos e usos portuarios

Pontevedra> Portos de Galicia destacou, nesta xornada, o planeamento portuario na provincia de Pontevedra para captar investimento nos peiraos. O presidente deste ente público lembrou esta maña que 17 peiraos da provincia contan xa con delimitación de espazos e usos portuarios.

O presidente de Portos de Galicia explicou esta mañá que na provincia de Pontevedra se ten avanzado dun xeito contundente na elaboración do documentos de delimitación de espazos e usos portuarios, os coñecidos plans de usos. Durán Hermida explicou que a día de hoxe, Portos de Galicia, ten aprobados 17 delimitacóns.

En relación aos plans especiais tamén dixo que a provincia de Pontevedra é pioneira neste eido.

Estas dúas ferramentas permiten zonificar os solo dos peiraos e ordenar a actividade que se desenvolve nel.  En relación á dragaxe da ría, Durán Hermida dixo que dende a Consellería do Mar non se dará ningún paso neste eido sen o consenso de todos os afectados nesta materia.

Dende Portos de Galicia dixeron esta mañá que traballarán alternativas que pemitan facer esta dragaxe de xeito parcial. Pese a isto, Durán Hermida, dixo que calquera alternativa dunha dragaxe estará suxeita ao mesmo consenso que unha dragaxe global.