Baixo nivel de vendas no Pontenadal

PONTEVEDRA> A Feira de Artesanía de Nadal de Pontevedra chega a súa décimo quinta edición e faino cun descenso notable das vendas. Así o fixeron saber os artesáns e vendedores que se reúnen estes días na Praza do Teucro sinalando como principal causa da baixada o mal tempo e a choivas destes días.

 

A pesares de estas perfectamente protexidos da choiva e o vento os vendedores dos postos de artesanía e agasallos do Pontenadal aseguran que as vendas destes días non chegan ao nivel de anos anteriores.

Debido a este motivo e ao baixo volume de vendas, algúns incluso pensaron en non volver o ano que ven, outros non faltan a cita edición, tras edición.

Esta feira de artesanía leva aberta dende o pasado 18 de decembro e nela podemos atopar produtos para a pel, apícolas, cerámicas, bixutería, complementos, xoguetes ou roupa ecolóxica. Os vendedores e artesáns esperan que a xornada previa ao día de Reis cambie a tendencia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/04/pontenadal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/04/pontenadal.mp4{/flowplayer}