Descontos de ata o cincuenta por cento na VIII Noite Aberta de Ribeira

    RIBEIRA> A oitava edición da Noite Aberta chegará este sábado a Ribeira. Trinta establecementos ofrecerán descontos de ata o cincuenta por cento. Desenvolveranse actividades de animación e espectáculos musicais para animar as vendas. O bo resultado das anteriores edicións é máis que garante para seguir a apostar pola Noite Aberta, unha iniciativa impulsado pola asociación de empresarios de Ribeira en colaboración co concello. Nesta oitava edición trinta establecementos sumáronse á campaña comercial. Ademais dos descontos, principal atractivo desta cita, haberá actividades para tódolos públicos. Contacontos e inchables para os máis pequenos, exhibicións de baile moderno e tradicional e un espectáculo de animación de Micky Mouse polas rúas. Ademais cada un dos comercios participantes ofrecerá ós seus clientes agasallos, cócteles e degustación de produtos. Os organizadores agardan contar con gran afluencia de público e favorecer as vendas na tempada previa á campaña de verán.