Os xubilados de Porto do Son estrean sede con vistas ó mar

PORTO DO SON> Os xubilados de Porto do Son contan cunha nova sede social. Emprázase na facahda marítima nun inmoble duns 600 metros cadrados. Ademais de actividades recreativas, o novo club acollerá cursos e propostas culturais, constituíndo un punto de encontro para os maiores sonenses.

O alcalde de Porto do Son inauguraba esta fin de semana o novo club de xubilados da localidade, A nova sede atópase na dársena portuaria integrada na fachada marítima que foi acondicionada mediante un convenio entre o concello de Portos de Galicia. Ademais dun espazo para actividades recreativas, este novo local albergará accións formativas e propostas culturais converténdose nun punto de encontro para tódolos xubilados do municipio.

O novo edificio, no que tamén se empraza o Club Náutico, consta dunha edificación de planta baixa duns 600 metros cadrados formada por dous bloques de acceso independentes pero conectados. Conta con cafetería, oficinas, salón de actos, e un completo equipamento mobiliario financiado a través dunha subvención concedida pola Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.