Estudiantes, Herbalife e Monbus xogarán o I Triangular EncestaRías

VILAGARCÍA> Unha iniciativa dun grupo de amigos amantes do baloncesto aspira a converter a Vilagarcía en referente do baloncesto de elite. O once de setembro no pavillón de Fontecarmoa arrancará o I Torneo Triangular EncestaRías. Tres días para ver en directo a tres grandes da ACB: o Movistar Estudiantes, O Herbalife Gran Canaria e O Río Natura Monbus.

 

 

O próximo mes de setembro chega a Vilagarcía O I Torneo Triangular EncestaRías. Unha iniciativa pioneira en Galicia que aspira a converterse en referente da pretempada de baloncesto para equipos ACB. Na edición inaugural, tres grandes. A cita: o venres 11.

 

Diego Doval é un dos promotores deste torneo. El xunto a un grupo de amigos amantes do baloncesto tiveron a idea de crear na capital de Arousa unha competición semellante á outra que se facía hai anos na localidade andaluza de Puerto Real, e que chegou a acadar gran éxito. Polo de agora están a sustentar toda a organización con capital privado, buscando tamén patrocinadores que confíen no proxecto.

 

Para sacar adiante o torneo crearon unha asociación, EncestaRías, na que traballan para que o evento conte cunha organización á altura dos equipos que participan. O obxectivo, que se consolide no calendario da pretempada da ACB en vindeiros anos.

 

O próximo venres darán a coñecer o sistema e puntos de venda de entradas para poder asistir á cita.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/ENCESTARIAS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/TORNEO_BASKET_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}