Os náuticos de Barraña e Portonovo estreitan lazos a través da XXVI Regata Galatea

BOIRO> Esta mañá era presentada no Concello a 26 edición da Regata Hotel Galatea. Unha proba coa que dous clubs náuticos, neste caso o de Portonovo e o de Barraña, volven a estreitar lazos.

A regata partirá de Portonovo para chegar a Boiro a última hora da tarde. En Boiro farase a entrega de premios ós primeiros clasificados da primeira xornada e xa o domingo, os participantes farán o percorrido á inversa, para voltar novamente a Portonovo, onde se desenvolverá a entrega de premios nas diferentes categorías.

Na regata está prevista a participación de preto dunha trintena de barcos, moitos deles cunha tripulación familiar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí