A protectora fai vídeos para dar a coñecer a ‘outra cara’ dos cans abandonados

    VILAGARCÍA> Situación límite na protectora de Vilagarcía. Preto de 200 cans e case 90 gatos abandonados ocupan actualmente as súas instalacións. Unha masificación que ven de obrigarlles a colgar o cartel de completo. Todos estes animais buscan agora fogares responsables, por iso dende o refuxio, coa colaboración de Vídeos Creativos, puxeron en marcha o “Proxecto adóptame”, que busca romper o estigma das mascotas abandonadas.

    A diferenza entre esta imaxe…

    … e esta outra…

    É a nova campaña da protectora de Vilagarcía.

    Trátase do “Proxecto adóptame”, unha iniciativa que parte dun colaborador do refuxio e membro de Vídeos Creativos. Son pequenas pezas que permiten coñecer os cans dende unha perspectiva diferente.

    Toda axuda é pouca para a situación actual do refuxio. Hai tempo que denuncian a súa masificación, con case 200 cans e preto de 70 gatos que lles obrigaron a colgar o cartel de “completo”. E as adopcións non cobren o elevado número de abandonos.

    Pero unha vez que entran no refuxio, os cans deixan de ser cifras. Pasan a ser, por exemplo, Charli, un imponente mestizo de rottwailer que recibe aos visitantes reclamando caricias. Ou Joshy, cuns ollos que lle valen o alcume do ‘Paul Newman’ de Pinar do Rei.

    Para conseguir máis axudas, o refuxio está a traballar arreo na nova edición da Festa do Voluntariado, que se celebrará o 29 de agosto na Praza de Galicia de Vilagarcía. Un desfile canino ou un mercadiño serán algunhas das actividades que están a preparar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/protectora_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/protectora_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí