Amegrove volve a renunciar ó play off de ascenso á ACT

amegrove250.jpgO GROVE> Este ano tampouco será. Amegrove xa lle comunicou á ACT que renuncia de novo a participar na regata de play off e poder dar o salto á mellor liga de traíñas. Manuel Fandiño, presidente do club de Porto Meloxo, asegurou a Canal Rías Baixas que xa comunicou esta decisión a finais da pasada semana ó xerente da ACT. O motivo, estrictamente económico.

{flowplayer}images/salnes/amegrove_playoff.flv{/flowplayer}

O GROVE> Este ano tampouco será. Amegrove xa lle comunicou á ACT que renuncia de novo a participar na regata de play off e poder dar o salto á mellor liga de traíñas. Manuel Fandiño, presidente do club de Porto Meloxo, asegurou a Canal Rías Baixas que xa comunicou esta decisión a finais da pasada semana ó xerente da ACT. O motivo, estrictamente económico.

Segundo explicou Fandiño, Amegrove conta arestora cun presuposto de 110 mil euros e para competir na Liga de traíñas de Euskadi, Cantabria e Galicia necesitarían 150 mil euros máis. E inda así sería dos máis modestos, tendo en conta que na ACT os clubs manexan un mínimo de 300 mil ou 400 mil euros de presuposto.

Tampouco os remeiros do club grovense tiñan intención de participar no play off, tal como sinalou Diego Portela, directivo e remeiro. Son conscientes de que necesitarían patrocinios privados a maiores dos que teñen e que non están os tempos para iso. Do que non dubidan é de que teñen nivel para estar na ACT e Portela cre que así o demostraron no campionato de España esta pasada fin de semana. Antes de que lles rompese a pica estaban a só dous segundos do que logo foi campión, o Kaiku.

Diego Portela recoñece que lles gustaría participar no play off pero tamén pesa a sanción de cinco anos de inhabilitación na ACT. Isto pasaría se gañan a praza de ascenso e renuncian a ela despois por falta de apoio económico. Amegrove ten que conformarse agora con ser o dono da Liga Galega de Traíñas, e iso que aínda faltan sete regatas puntuables.

Redacción Salnés