Mozos de todo o mundo descobren e coidan Cortegada

     

    VILAGARCÍA> Comeza a xornada na Illa de Cortegada. Os dezasete  participantes no campo de traballo embarcan cara a costa para arrincar a tarefa. É só unha parte da programación nesta actividade. O día complétase ca práctica de deporte e actividades de lecer, entre outras.

     

     

    Este é un dos dezaoito campos de traballo e dezanove campamentos organizados pola Dirección Xeral de Xuventude,  dentro das accións dirixidas á mocidade en Verán. Unha completa oferta para nenos desde os nove anos e mozos ata os trinta.

     

    Este é o primeiro ano que se realiza o Campo de Traballo de Cortegada, pertencente ao parque nacional das Illas Atlánticas. Un lugar máxico onde o tempo está detido, e os restos dun poboado lembran a presenza do home anos atrás. Ca súa marcha a natureza ocupou o seu espazo en forma de bosque autóctono.  Hoxe é un espazo protexido  no que se coidan as especies naturais e a fauna. Precisamente para coidar deste espazo  planteouse esta proposta de traballo medioambental.

     

    O traballo dos participantes no campo de traballo está dirixida por Jacobo Andújar. Él coordina que todo saia segundo o previsto ca axuda de catro monitores de tempo libre.

     

    O Grupo e reducido pero moi variado, de feito trátase dun proxecto de carácter internacional, no que hai participantes chegados desde Rusia, China, Italia, Francia e tamén desde diversas partes de España. As razóns e motivacións son do máis variado.

     

    Unha experiencia de traballo, aprendizaxe, convivencia,  motivación, sensibilidade e creación de valores, coidado medioambiental, coñecemento e intercambio de culturas, idiomas nun entorno único e privilexiado. E coma non, en Galicia.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/reporcortegada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/repor cortegada.mp4{/flowplayer}