Cabío será escenario do Campionato Provincial de Campo a Través

POBRA> A cita, para categorías escolares, será este próximo sábado e nela tomarán parte preto de 500 rapaces procedentes de distintos clubs e colexios clasificados nas fases intercomarcais das zonas da Coruña, Ferrol, Noia e Santiago. O circuíto de Cabío será novamente o lugar escollido para a celebración do Campionato Provincial de Campo a Través. A proba, que terá lugar este próximo sábado, a partir das once da mañá, tomarán parte preto dos cincocentos rapaces de clubs e colexios clasificados nas fases intercomarcais das zonas da Coruña, Ferrol, Noia e Santiago, está dirixida ás categorías base, dende benxamíns a cadetes. A organización do campionato corre a cargo da Secretaría Xeral para o Deporte, ó formar parte do programa XOGADE da Xunta de Galicia e nel colaboran as agrupacións deportivas As Rías, e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, así como tamén o propio concello pobrense. Dende o concello pobrense agradeceron unha vez máis a confianza depositada pola Xunta á hora de albergar un campionato destas características, así como tamén ás distintas casas comerciais que colaboran con esta proba. A proba será valedeira para o Campionato Galego da especialidade, de onde sairán os dous mellores equipos clasificados en cada categoría, así como tamén os oito primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos xa clasificados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí