A Festa da Auga inunda Vilagarcía con milleiros de persoas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/17/festa_auga_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/17/festa_auga_villa.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O que está claro é que a Festa da Auga despediu cun novo éxito a súa edición do 2015. Milleiros de persoas de toda Galicia achegáronse a Vilagarcía para participar desta popular cita. Nin a chuvia puido disuadilos.

Este foi o grito de guerra dos milleiros de persoas que onte ateigaron as rúas de Vilagarcía.

A Festa da Auga non defraudou e con litros e litros do prezado líquido, os arousáns celebraron o seu día grande.

Como cada ano, o momento no que, trala procesión, San Roque volve estar a bo recado, é o arranque oficial da festa. Aínda que para moitos é a meta despois dunha longa noite de troula

Dende a mañá ata ben entrada a tarde, a festa estivo na rúa. A música e a auga, dende ventás, bares ou mangueiras, acompañáronse con disfraces e equipamentos do máis orixinal.

Xa acabou a da Auga pero toda esta semana continúan as Festas de San Roque en Vilagarcía. Atraccións, mercadiño e verbenas manteranse ata o domingo, cando na medianoite o espectáculo do Combate Naval despida as festas. Entre medias, Siniestro Total o mércores e Delafé y las Flores Azules son algúns dos nomes propios que porán música ás noites arousás.