NOIA> O alcalde Santiago Freire e a edild e Deportes, Laura Salgado, recibiron esta pasada fin de semana no salón de plenos do Concello a un grupo de loitadores da Escola de Taekwondo Maniotas tralos éxitos acadados a nivel nacional e internacional.
Na modalidade de taekwondo foron recibidos: Isaac Blanco, Jesús Veiga, Adrián Salanova, Aitana Fariña, Lucía Salanova e Daniel Piñeiro; e na modalidade de boxeo, Silvestre Gómez.
Tanto o alcalde como a edil felicitaron ó mozos deportistas, desexándolle moita sorte para os seus próximos compromisos.
No acto tamén tomou parte, en representación do Club, o seu adestrador, Chema Salanova, que fixo alusión na súa intervención ó orgullo que sinte por cada un dos deportistas que forman parte da escola.
Como non podía ser doutro xeito, despois da recepción oficial no salón de plenos, o acto rematou coa tradicional fotografía de familia ás portas da casa consistorial. Unha imaxe que quedará xa para o recordo.