Piden 15 anos de cadea para ‘O Chicle’ pola violación á súa ex cuñada

BARBANZA> José Enrique Abuín Gey ‘El Chicle’ afronta unha pena de ata 15 anos de prisión pola presunta violación da súa ex-cuñada.

No xuízo, que se celebrará entre o 22 e o 24 de novembro na Audiencia Provincial da Coruña, xulgaranse os feitos acontecidos en xaneiro de 2005 cando a vítima era menor de idade. Foi abordada polo seu entón cuñado na parada do autobús. Coa escusa de levala ó instituto coaccionouna para que subira ó coche. Desviouse entón ata un descampado e tras ameazala cun coitelo perpetrou a agresión sexual.

Tanto a Fiscalía como a acusación aprecian similitudes no modus operandi dos casos polos que foi xulgado previamente, entre eles o asasinato de Diana Quer polo que foi condenado a prisión permanente revisable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí