Estalla a campaña electoral en Vilanova: Acusacións e denuncias entre o PSdeG e o PP

VILANOVA> Explota a campaña electoral en Vilanova de Arousa. O PP insiste en que María José Vales ten un caso aberto coa xustiza e lle pide que confese ou que dimita. Pola súa banda, os socialistas defenden á súa candidata e denunciarán ao PP e a Durán na xunta e electoral e nos xulgados.

A campaña electoral en Vilanova saltou polos aires este mércores coa rolda de prensa do Partido Popular. O equipo de Durán denuncia que a candidata socialistas na vila, María José Vales, ten aberto un caso coa xustiza.

Seguros da súa información, os populares piden á candidata socialista que lles autorice a contar a verdade ou que dimita.

A socialista advirte que se presentará na fiscalía para coñecer se ten algún caso aberto, pero defende a súa xestión na confraría, xa que todo fai indicar que os tiros de Durán van nesa dirección.

As acusacións de Durán non sentaron nada ben no partido socialista, que consideran que o alcalde de Vilanova está mentindo para facer campaña. Por iso denunciarán ao PP e a Durán por dúas vías, unha delas é nos xulgados.

E a outra vía de denuncia será na xunta electoral.

A socialista estivo arroupada por membros da formación que segundo advirten ‘poñen a man no fogo por ela’ e piden a Rueda que condene as declaracións do seu candidato.

Dende o PP de Vilanova defenden que eles non están judicializando a campaña, se non que o que buscan é evitar que unha candidata investigada se presente as eleccións. Dende o PSOE advirten que levarán o caso aos tribunais para que en Vilanova só se fale de ideas e de proxectos como os da súa candidata.