O PP denuncia altos prezos no viveiro

    BARRO/MEIS> Instalarse no viveiro de empresas do polígono Barro-Meis é excesivamente caro.

    Cando menos, iso ven de denunciar o Partido Popular. O grupo provincial asegura que os prezos son inaccesibles, e que se sitúan por riba dos do mercado libre. Critican que o actual grupo de goberno convertera o viveiro, impulsado polo PP, nun proxecto inaccesible, e recordan que se trata dunha zona de interior lonxe dos grandes centros industrais; unha características que pide dunha discriminación positiva para axudar a dinamizar o proxecto e que se instalen emprendedores. Segundo os datos aportados polos populares da provincia, un empresario que opte polo viveiro do Salnés deberá aboar 3,12 euros por metro cadrado para as oficinas o primeiro ano, ascendendo ata 6,24 no terceiro. No caso das naves, os prezos fíxanse en 2,62 euros por metro cadrado no primeiro ano e 5,24 o terceiro. No mercado libre, os prezos das naves sitúanse entre 1,25 e 2,50 euros por metro cadrado.