O PSdeG pídelle á Xunta que non deixe morrer o marisqueo dos Lombos do Ulla

PARLAMENTO> O PSdeG pídelle á Xunta que non deixe morrer-la ameixa e o berberecho dos Lombos do Ulla. Os socilistas levaron ao Parlamento Galego a alta mortaldade do marisco que, segundo denuncian, débese ós desaugues do encoro de Portodeumouros. A Xunta, pola súa banda, bótalle a culpa ás chuvias dos últimos días.

A situación dos Lombos do Ulla foi abordada hoxe no Parlamento Galego. O PSdeG insta á Xunta a non deixar morrer esta zona marisqueira que, segundo alertan, levan anos en retroceso. Os socialistas critican a desatención e a falta de actuación do goberno galego mentres os mariscadores levan 4 meses na casa sen poder traballar.

Torrado alerta do gran aporte de auga doce, un problema que a Xunta achaca ás chuvias. Os socialistas, pola contra, poñen o foco no encoro de Portodemouros.

A Xunta, pola súa banda, indica que se están a aplicar medidas de conservación e recuperación tanto nos Lombos como Bohído e Cabío.  Indica que están a facer un seguimento in situ do estado dos bancos.

Sobre unha posible dragaxe, a directora xeral reclamoulle a Torrado ‘implicación’ para que a Xunta poida supera-las trabas burocráticas do goberno central.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí