O BNG de Ribeira esixe a mellora dos aparcadoiros existentes na localidade

RIBEIRA> Os nacionalistas critican o mal estado no que se atopan estes estacionamentos, ó tempo que piden tamén a remunicipalización do aparcadoiro do Centenario. Para os nacionalistas o estado dos aparcadoiros existentes en varias zonas do casco urbano de Ribeira como é o caso dos de Avesadas, Monumento ou Coroso non é a máis correcta. Todos eles teñen un firme deficiente, falla de iluminación e sinalización e tamén de limpeza. Por esta razón pídenlle ó executivo que se realice un plan integral de mellora para que sexan unha alternativa útil e axeitada para veciños e visitantes. Nesta mesma liña, o BNG criticou tamén a privatización no seu día do aparcadoiro do Centenario, pedindo agora a súa remunicipalización.

 

–inserto