O Duatlón de Ribeira converterase nunha homenaxe a Jesús Huerta

RIBEIRA> Ribeira volverá converterse, por terceiro ano consecutivo, en sede dunha proba popular de duatlón. O memorial Jesús Huerta desenvolverase na capital barbanzá o día trece de setembro. O terceiro Duatlón popular de Ribeira converterase nunha homenaxe a Jesús Huerta, atleta pobrense falecido a principios de ano que adoitaba participar nesta competición. O primeiro memorial na súa honra celebrarase o trece de setembro. Ademais da proba oficial, similar ás das competicións federadas, haberá unha de iniciación para afeccionados. O obxectivo é fomentar o gusto por este deporte que conta cada vez con máis adeptos na nosa comunidade. NA súa organización participan os clubs de Natación de Ribeira, de Atletismo Santa Uxía e a asociación as Miñoteiras. Os interesados poden realizar as inscricións a través da web municipal ou de emesports. O prazo rematará o dez de setembro é o número de participantes está limitado a catrocentos. O prezo é de dez euros.