Detida unha parella de Boiro acusada dun presunto delito de tráfico de drogas

BOIRO> Foi no marco da operación ‘Quinterillo’, na que os axentes lle interviñeron doses de cocaína heroína e haxíx, así como tamén diñeiro en metálico.

A operación, denominada ‘Quinterillo’, iniciábase o pasado mes de agosto. Segundo informaron fontes do Instituto Armado os dous prendidos, que son parella, dedicábanse á distribución de substancias estupefacientes ós consumidores da zona, realizando esta actividade ilícita dende o domicilio dun deles.

Precisamente no rexistro realizado, foi onde os axentes puideron recuperar uha gran cantidade de droga e outros obxectos empregados para a confección e distribución da substancias estupefacientes.

A droga intervida na operación ascende a 37 doses de heroína e 40 de cocaína e haxíx. Tamén lle requisaron uns 344 euros en moeda fraccionada.

A Garda Civil dá por pechada esta operación, que permitiu desartellar este punto de venda e distribución de droga na localidade, ó que acudían numerosos consumidores da zona.

Ós dous detidos, que contan con numerosos antecedentes anteriores por causas similares, xa pasaron a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Número 1 de Ribeira que é quen instrúe a causa.