Educación nega o aprazamento ó traslado dos alumnos do Coroso

    iescoroso100.jpgRIBEIRA> Educación confirmou que a conversión do IES Coroso en centro integrado non se realizará de forma gradual.

    {flowplayer}barbanza/iescorosocentrointegrado.flv{/flowplayer}

    Ante a postura inflexible da Consellería de Educación, os pais non tiveron máis remedio que matricular ós alumnos de xeito forzoso nos outros dous centros públicos de Secundaria. Dous centros, o Leliadoura e o Número 1, que din se verán desbordados pola gran cantidade de alumnos que poden chegar nalgúns casos a corenta por aula.

    Ós problemas de masificación das aulas engádenselle as faltas de liñas de transporte público ata o Leliadoura o que suporá un importante trastorno para moitas familias que non dispoñen de medios de transporte alternativos.

    Reunión pendente

    As declaracións do Conselleiro veñen a confirmar o que a ANPA do Coroso xa intuía, que nunca existiu vontade real de aprazar un ano o traslado dos estudantes. O que si lles sorprende é que se faga público agora cando están pendentes de manter unha xuntanza con representantes de Educación a principios de setembro.

    Vía xudicial

    Pero a última palabra neste conflito está aínda por pronunciar posto que segue a súa vía o contencioso administrativo presentado polos pais dos alumnos. O proceso resolverase antes do inicio do curso.

    Redacción Barbanza