Boiro refórzase para a loita contra a velutina

BOIRO> O concello de Boiro conta con dezaseis novos equipos para loitar contra a vespa velutina. Trátase de traxes totalmente equipados que inclúen unha inxección de adrenalina para actuar no caso de picaduras a persoas alérxicas. O incremento exponencial de niños de vespa velutina en toda Galicia levou ó concello de Boiro a adquirir estes novos equipamentos. Trátase de dezaseis traxes especiais que permiten traballar na retirada dos niños en condicións de maior seguridade. O concello destinou unha partida de cinco mil euros para a súa adquisición.Estes novos equipamentos súmase ós tres traxes con que xa contaba o concello, subvencionados pola Xunta, e as pértigas de inxección para eliminar os niños. No que vai de ano, téñense retirado ó redor de 320 niños e a previsión é a de chega ós setecentos posto que coa chegada do outono é cando se fan máis visibles coa caída da folla.