CAMBADOS>
O festival internacional de fotografía Proxecta 2015 xa chegou a Cambados. Esta tarde abriu no Pazo de Torrado a exposición dos premios Estaçao Imagem 2014, a distinción portuguesa de fotoxornalismo máis importante. É a primeira das actividades dun programa que desenvolverá o groso das actividades a partir da próxima semana. O obxectivo: encher Cambados de fotografías.
Mónica Vila, fotógrafa da Voz de Galicia, con dúas instantáneas sobre o accidente do Alvia e Pedro Armestre, fotógrafo de axencias con fotografías sobre incendios forestais son os dous galegos distinguidos na última edición dos premios Estaçao Imagem. Os seus traballos, e os dos demais premiados, xa se poden ver no Pazo Torrado de Cambados. A exposición abre o programa do Festival Internacional de Fotografía Proxecta 2015. Un evento que pretende encher de imaxes Cambados e que desenvolverá o groso do programa a partir da próxima semana.
Búscase espírito fotográfico e que a cidadanía sexa a protagonista do Proxecta. A súa participación será esencial en iniciativas como a ‘Memoria do Salnés’, un arquivo de imaxe que se instalará o sábado 29 e domingo 30 no paseo da Calzada.
O arquivo do pasado irá acompañado doutro do presente, convidando a todo o mundo a que colla estes días a cámara e ‘cace imaxes’.
Proxeccións, unha análise da figura de Vivian Maier e cursos en Exposalnés sobre fotografía completan as propostas dun Proxecta que este ano recupera a filosofía orixinal do certame.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/proxecta2015.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/FESTIVAL_PROXECTA.mp4{/flowplayer}