Portonovo levará a Regata Hotel Galatea ata Cabo de Cruz

BOIRO> Non podía faltar no peche da tempada de verán unha nova regata na que Portonovo e Cabo de Cruz estreitan a súa colaboración. A regata hotel Galatea partirá o sábado ás dúas da tarde dende Portonovo para chegar a Cabo de Cruz a última hora da tarde. O club náutico crucense acollerá a entrega de premios ós primeiros clasificados nesta primeira proba O domingo a mediodía, os participantes sairán de Cabo de Cruz para voltar novamente a Portonovo onde se desenvolverá a entrega de premios nas diferentes categorías, unha delas clasificable para o circuíto galego de solitarios a dous. No encontro participarán unha trintena de barcos, moitas delas cunha tripulación familiar xa que se trata dunha proba moi cómoda.