A alquimia tamén é un xogo de nenos

PONTEVEDRA> Pasadas as Festas da Peregrina, Pontevedra xa quece motores para outra das súas citas estrela do verán. Os días 4 e 5 de setembro a cidade celebra a Feira Franca, que este ano ten como temática central a alquimia. Sobre esta práctica tan propia da Idade Media están a aprender os nenos pontevedreses, que durante tres semanas fan experimentos que os achegan a conceptos de Física e Química e os implican na celebración da Feira.

 

A alquimia é o tema central da Feira Franca deste ano. Pero que é esta antiga práctica tan estendida na Idade media?

Non podería quedar máis claro. Sobre esta disciplina están aprendendo os rapaces que asisten aos obradoiros previos á Feira Franca. Unhas sesións que lles serven para contactar con conceptos da física e da química.

Nesta “Escola de alquimia” aprenden sen darse de conta. Por exemplo, un prato de leite cun pouco de colorante alimenticio e unha pinga de xabón chegan para experimentar coa tensión superficial dos líquidos. Da sesión de hoxe tamén sacaron os ingredientes para facer plastilina caseira.

Co que aprendan, os pequenos de entre 6 e 12 anos farán máis actividades o propio día da Feira Franca. Dende o concello celebran a acollida destes obradoiros, cos que fan partícipes da popular festa tamén aos nenos.

Segundo Carmela Silva, concello e asociacións teñen todo encamiñado e xa están ultimando os preparativos para a edición deste ano. Só queda que o bo tempo acompañe a Pontevedra na súa festa de despedida do verán.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/24/feira_franca_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/24/feira_franca_pontevedra.mp4{/flowplayer}