Os patróns convocan asembleas para informar o sector das malas perspectivas da campaña

    A ILLA> Os patróns maiores iniciarán este venres unha rolda de asembleas informativas para explicar aos mariñeiros a difícil situación que afrontarán esta campaña de libre marisqueo. A primeira parada será na Illa de Arousa. O seu patrón comparte a preocupación dos outros pósitos e asegura que a campaña rematará, como tarde, no mes de decembro. A Xunta segue sen tomar medidas, por iso non descartan mobilizarse en Santiago co apoio dos mariñeiros.

     

    A menos de mes e medio do arranque da campaña de libre marisqueo, a ría de Arousa segue sen solucións que garantan a existencia de recursos. Ante a falta de solucións por parte da Xunta, os patróns maiores decidiron onte trasladar a súa preocupación ao sector.

    Rianxo e Cambados serán as seguintes paradas. Nun principio son encontros informativos, aínda que non descartan comezar mobilizacións.

    Queren que os mariñeiros coñezan xa as perspectivas negativas que se repetirán este ano, sobre todo nos Lombos do Ulla. Os patróns advirten de que esta será a segunda campaña de libre marisqueo que perde o sector. A pesares do todo, as medidas non chegan.

    Lamentan que a Xunta non escoitara as súas advertencias que fixeran a finais do ano pasado. Agora, as propostas dos técnicos son insuficientes e chegan tarde.

    Ante a perspectiva dunha nova campaña perdida, os patróns seguen a traballar na procura de medidas sociais que axuden aos mariñeiros. Algo que tamén abordarán nas asembleas que arrancan este venres.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/25/patrons_maiores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/25/patrons_maiores.mp4{/flowplayer}