Vilagarcía amosa o seu apoio ao pobo ucraíno con cinco minutos de silencio

VILAGARCÍA> A comarca do Salnés tamén se sumou á concentración silenciosa en apoio a Ucraína. Houbo actos, por exemplo, en Sanxenxo, Ribadumia ou Meis, por citar algúns. Tamén en Vilagarcía, onde a corporación municipal concentrouse ás portas de Ravella. Na cidade residen varias familias daquel país, para as que o Concello comprometeu xa todo o seu apoio.

Vilagarcía, como moitos outros concellos da zona, sumouse tamén á concentración silenciosa impulsada pola Federación Española de Municipios e Provincias. Foron cinco minutos de silencio, que racharon cun aplauso… e que serven como mostra de apoio ao pobo ucraíno.

A crise ucraína tamén golpea Vilagarcía, onde viven varias familia de aquel país. Esta mañá achegábase unha a Ravella pedindo axuda.

Ademais, o concello vilagarcián pon a disposición dos refuxiados dúas vivendas de titularidade municipal. Con todo, fai un chamamento á coordinación porque, explica, non é só que veñan para aquí, tamén teñen que recibir tódalas prestacións como un cidadán máis.

E ante o aluvión de material humanitario que se está xuntando, lanza unha recomendación: facer doazóns económicas, iso si, só a aquelas ONGs que certifiquen que eses cartos irán parar a axudar ao pobo ucraíno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí