VILAGARCÍA> A Fundación Galega contra o Narcortráfico organiza a semana que vén a súa gala anual. Será o mércores 30 no auditorio de Vilagarcía. O acto inclúe a entrega dos Premios Nécora de Ouro a persoas e entidades que loitan contra as drogas e a actuación do grupo tradicional Cantos da Terra. A entrada é libre e de balde.
Din na Fundación Galega contra o narcotráfico que aínda queda moito por facer na loita contra esta lacra social. A entidade suma un ano máis de traballo contra as drogas e faino coa súa gala anual. A cita vai ser o vindeiro día 30 no Auditorio de Vilagarcía.
Será a vixésimo segunda edición dunha gala que, como xa é tradición, inclúe a entrega dos Premios Nécora de Ouro.
Tamén se fará entrega do primeiro galardón do concurso de relatos curtos impulsados pola Fundación.
A gala contará coa actuación da grupo tradicional Cantos da Terra.
A entrada á gala, que vai estar conducida por Loli Gómez, é de balde ata completar a capacidade do auditorio.











