A Deputación apoia por primeira vez a loita do concello contra ENCE

PONTEVEDRA> Histórica fronte común contra a continuidade de ENCE na ría. Por primeira vez, o concello de Pontevedra ten como aliada á Deputación, que secundará as actuacións que convoque o goberno local da capital para pedir a marcha das pasteira. Onte en conversación telefónica Miguel Anxo Fernández Lores conseguiu que Carmela Silva e o seu executivo se una na petición á Xunta para que se posicione en contra da prórroga da concesión en Lourizán.

 

A Deputación de Pontevedra súmase ao movemento contra ENCE. Por primeira vez o goberno provincial compromete o seu apoio ao concello de Pontevedra na loita contra a pasteira. 

Onte pola tarde en conversación telefónica, Miguel Anxo Fernández Lores e Carmela Silva achegaron posturas. A presidenta provincial xa advertiu que non se quedará nun simple pronunciamento institucional: a Deputación apoiará as iniciativas que impulse o concello.

Segundo Silva, esta postura vai na liña do defendido por PSOE e BNG. O primeiro paso será a aprobación dunha declaración institucional na xunta de goberno instando á Xunta a que exerza as súas competencias exclusivas en ordenación do territorio e informe desfavorablemente sobre a prórroga de ENCE. Tamén solicitarán ao Estado que non prorrogue as concesións de ENCE e ELNOSA para non interferir nas competencias autonómicas.

Pero para PSOE e BNG, esta é a dirección na que camiña o goberno estatal. Esta mañá Fernández Lores advertía da necesidade de tomar medidas con urxencia.

Tampouco descarta convocar unha gran manifestación para expresar a oposición da sociedade pontevedresa á continuidade do complexo fabril.

Fernández Lores anunciou que levará estas cuestións a pleno para buscar un acordo co resto da corporación sobre a saída de ENCE-ELNOSA da ría de Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/26/lores_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/26/lores_ence.mp4{/flowplayer}