Crowdfunding dende Carlos Oroza para a súa horta ecolóxica

Pontevedra> Dende o Centro de Integrado Carlos Oroza comezaron unha campaña de crowdfunding para súa horta ecolóxica. O obxectivo desta iniciativa é o de chegar aos mil euros co fin de financiar un sistema de rego por goteo para este espazo. De momento xa acadaron máis do 75 por cento desta cantidade e aínda lles quedan por diante 19 días de campaña. 40 días para recadar un mínimo de mil euros. Esa é a campaña de crowdfunding que comezaron hai 21 días dende o Centro Integrado Carlos Oroza. O fin desta iniciativa é o de conseguir financiar mediante esta campaña un sistema de rego por goteo para a súa horta ecolóxica. De momento xa teñen financiado máis do 75 por cento deses mil euros. Dende o centro, os seus profesores, din que esta horta ecolóxica é un proxecto moi importante que permite aos alumnos desenvolver o espírito de innovación. Unha horta na que contan con máis de 80 especies diferentes, entre as que se atopan herbas aromáticas e leguminosas. Dende este centro están moi contentos coa aceptación que está tendo a súa campaña. O mínimo son mil euros e o excelente sería obter 3 mil porque así poderían finalizar este proxecto coa construción dun invernadoiro. Teñen 19 días por diante para acadar o seu obxectivo, 3 mil euros co fin de darlle continuade e forma a esa horta ecolóxica que tanto queren e miman neste centro Carlos Oroza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/horta_ecoloxica_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/horta_ecoloxica.mp4{/flowplayer}