PONTEVEDRA> O cemiterio de San Amaro avanza na súa informatización. Xa está creada a base de datos cos movementos rexistrados dende 1912 e está case completo o inventario de nichos e panteóns. Unha vez rematado o proceso, os usuarios poderán facer trámites e consultas a través de xestión electrónica, e o camposanto contará con información sobre o patrimonio cultural e artístico.
O cemiterio de San Amaro disporá en breve de datos e servizos a través de internet. A información sobre titularidade, inhumacións e movementos rexistrados ata o de agora en papel, veñen de dixitalizarse para facilitar as xestións administrativas e a atención ó público.
Ademais, o inventario de nichos e panteóns, permitirá dispoñer de datos sobre o patrimonio cultural e artístico do camposanto, que esperta un interese crecente e fai medrar tanto de roteiros escolares coma as visitas guiadas. Ofrecerase información sobre persoeiros senlleiros enterrados no cemiterio pontevedrés e sobre tumbas e panteóns con valor artístico e arquitectónico.
A continuación, completarase a informatización dos outros cemiterios municipais: Campañó, Lourizán, Bora e Ponte Sampaio.
Tamén se segue adiante co proxecto “Voltar á terra”, polo que se acondicionará en San Amaro unha parcela duns 6.000 metros cadrados para albergar cinzas e cerimonias laicas.
Prevese que se publiquen os pregos de licitación nos vindeiros días.