As obras da ETAP de Noia estarán rematadas a finais de xuño

NOIA> O alcalde de Noia mantiña a pasada tarde un encontro con técnicos de Augas de Galicia e responsables da empresa que está a executar das obras da ETAP. As melloras avanzan a bo ritmo e a previsión é que estean rematadas a finais de xuño.

As obras que están a executarse na ETAP de Noia, cun Investimento de millón e medio de euros, suporán importantes melloras no sistema de tratamento das Augas. Ademais do sistema de captación, estanse a realizar modificacións no sistema de decantación e pretratamento.

Unha vez concluídas as obras, previsiblemente a finais do mes de xuño, os noieses verán notablemente incrementada a calidade do subministro de auga ademais da aposta pola sostibilidade que suporá a nova instalación.