Os traballadores do Consorcio Galego de Benestar van á folga para reclamar melloras laborais

BOIRO> Persoal das Escolas Infantís da Galiña Azul e do Centro de Día en Boiro concentráronse esta mañá en Praia Xardín, acompañados de numerosas familias, para reclamar un concurso de méritos no que se puntúe máis ós traballadores deste servizo, ante un novo proceso selectivo que se está a negociar por parte da Xunta.

As traballadoras denuncian a escasa vontade negociadora por parte do Consorcio que non ten interese algún en chegar a un acordo con elas.

A folga que afecta ás Escolas Infantís da Galiña Azul, centros de día, residencias e demais servizos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, terá continuidade do 3 ó 14 de outubro, do 2 ó 11 de novembro e do 12 ó 23 de decembro.

Din que continuarán coa súa loita ata que se recoñezan as súas demandas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí