Noia destinará doce mil euros a axudas para o transporte escolar

    NOIA> O concello de Noia vén de aprobar as bases da convocatoria de axudas para transporte escolar para o curso académico 2015-2016. En total destinará uns doce mil euros do seu orzamento municipal para este programa. Estarán dirixidas a alumnos que cursen estudos universitarios e de formación profesional, así como tamén a aqueles que acudan a aulas de centros de formación para persoas con discapacidade. A edil de Educación e Benestar Social, Sandra González, indicou que esta convocatoria ten por obxecto axudar ás familias a afrontar os elevados custes que teñen durante o ano, especialmente a aquelas de rendas máis baixas.